Unha mirada agradecida

«As cousas nunca son exactamente como as tes planeado. Crecer sucede nun latexo. Un día estás en cueiros e ó día seguinte vaste da casa, pero os recordos da infancia permanecen contigo todo o camiño. Lembro un lugar, un suburvio, unha casa. Un fogar como moitos, un patio como moitos outros, unha rúa como  moitas outras rúas. Pero… o curioso é, que a pesar de todos estes anos, sigo mirando atrás e marabíllome.»

Extracto do derradeiro capítulo da serie «The wonder years»

En España, «Aquellos maravillosos años»

Escollín este fragmento da serie porque garda esa maxia narrativa que fai evocar á miña mente esa infancia marabillosa. É unha graza poder expresar gratitude e memoria agradecida da propia vida, e non o digo por un mesmo, se non polos que creceron comigo, eses amigos que me enriqueceron e vestiron o fondo da miña persoa.

Por todos aqueles  que xogábamos naquela rúa calquera de terra e con fochancas e que formaba charcos cando chovía. Aquela rúa na que só mirar pola xanela era convidar a reunirnos. Aquela praza de touros abandonada onde faciamos as nosas correrías. Aqueles anos en definitiva, onde non había responsabilidades e o afán era compartir xogos, risas e aloucadas aventuras.

Poida que fisicamente non quede xa nada daquilo, de feito, algúns xa nos deixaron. Pero o peso e o valor daqueles anos seguen intactos na memoria.

Grazas a todos os que compartistes comigo, porque sinto que estes anos seguen achegando moito sentido e significado á miña vida.

Emilio José Pazos Brenlla.

cumpleaños1

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s