NON TE DETEÑAS

Non deixes que termine o día se crecer un pouco,

sen ser feliz, sen aumentar os teus soños.

Non te deixes vencer polo desalento.

Non permitas que ninguén che quite o dereito a expresarte,

que é case un deber.

Non abandones as ansias de facer da túa vida algo extraordinario.

Non deixes de crer que as palabras e as poesías

sí poden cambiar o mundo.

Pase o que pase a nosa esencia esta intacta.

Somos seres cheos de paixón.

A vida é deserto e oasis.

Derrúbanos, magóanos, ensínanos,

convértenos en protagonistas

da nosa propia historia.

Aínda que o vento sopre en contra,

a poderosa obra continúa:

Ti podes achegar unha estrofa.

Non deixes nunca de soñar,

porque en soños e libre o home.

Non caias no peor dos erros:

o silencio.

A maioría viven nun solencio espantoso.

Non te resignes.

Foxe.

«Emito os meus alaridos polos teitos deste mundo»,

di o poeta.

Valora a beleza das cousas simples.

Pódese facer bela poesia sobre pequenas cousas,

pero non podemos remar en contra de nós mesmos.

Iso transforma a vida nun inferno.

Goza do pánico que che provoca ter a vida por diante.

Vívea intensamente,

sen mediocridade.

Pensa que en ti está o futuro

e encara a tarefa con orgullo e sen medo.

Aprende de quen poida ensinarche.

As experiencias de quen nos precederon

dos nosos «poetas mortos»,

axúdanche a camiñar pola vida.

A sociedade de hoxe somos nós:

Os «poetas vivos».

Non permitas que a vida che pase a ti sen que a vivas…

WALT WHITMAN

(Tradución libre ao galego polo autor do blog)

salto

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s