A IMAXE DA POLÍTICA

Semella que en España, a tarefa política non é elaborar programa e ideoloxía política, é vender imaxe, fachada. Neste periodo pre-lectoral. Todos os interesados andan saíndo nos medios dando entrevistas. A maioría das entrevistas son edulcoradas e outras só se encamiñan a dar unha visión humana do candidato.

Eu ben sei que é máis apetecible votar a unha persoa que a unha maquinaria electoral. A máquina electoral tamén o sabe e diseñan unha campaña basada na imaxe.

Somos unha democracia, e penso que o fin da política democrática sería alcanzar unha posición que permitise avogar e traballar polo ben común ou da maioría da sociedade. Sei que as grandes empresas e os bancos exercen presión e non é doado. Pero se renunciamos a este principio e comezamos a facer políticas para que uns cantos se beneficien, mesmo as persoas do partido político, estaremos afundindo os valores e sentido profundo da democracia. A democracia fíxose para beneficio de todo o pobo.

O importante creo que é facer un programa con recursos, ideas,  ferramentas, que desde necesidades reais do electorado, servan para elaborar  políticas máis xustas e efectivas para todos.

Coido que non importa que os políticos que encabezan cada candidatura son maís deportistas, len máis libros, van de pesca en familia. Non se trata de facer un concurso de santos. Insisto, parece que votamos a persoas, ou peor, á imaxen que proxectan de esas persoas.

Parece que a imaxe é absoluta, tanto para promocionarse como para derribar ao adversario político. Dese xeito podemos ver como os debates cada día son menos interesantes xa que logo o único que se intenta e buscar culpables da penosa situación que se vive cada catro anos. Sempre mirando cara o pasado. Sen gañas de construir futuro. Claro, é máis sinxelo remarcar os erros que arriscarse cun novo proxecto de crecemento onde nos responsabilicemos todos.

Porque a política se serve para algo, é para que participemos todos. Desde o goberno e a oposición. Propoñendo e achegando xuntos e responsabilizándonos todos do fronte común, o futuro.

lobo-con-titere-oveja

É totalmente irresponsable o que se fai en materia de educación neste país. A educación non é propiedade de ninguén. Debe ser ese frente común, esa terra que conquistar. Cambiar de modelo educativo cada vez que o goberno cambie de partido é un erro que hipoteca o futuro do país. Temos que exisir un pacto pola educación no país independente da forza que goberne en cada lexislación.

Coido que iso é o importante, non se cataluña comprometa a unidade de España ou se este político e máis corrupto que aquel…

Eu non teño simpatía por nengún, é máis, votarei en branco outra vez. Sei que quero exercer o meu dereito a voto, pero se son sinceiro, estou decepcionado. Outros ocúltanse baixo este dereito e logo pensan que o voto e un cheque en branco para facer o que queiran.

Hai políticos xeitosos e honestos, seino. Por iso espero que se vaian abrindo paso e permitan que o exercicio da política e a democracia sexa algo do que nos podamos enorgullecer todos os electores de España.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s