O CAMIÑO CARA O LADO ESCURO

Atención. Contén SPOILERS.

Pasaron 30 anos xa da triloxía orixinal da saga galáctica, e todo segue igual. Volvémonos a emocionar ao ver aos antigos personaxes en pantalla, pensando que unha vez máis poderemos gozar dunha gran Guerra das galaxias.

Desgraciadamente, na miña opinión, estamos a ver a mesma triloxía que comezou en 1977, con algunhas cousas a favor e moitas en contra. A película ten unha factura impecable e moita calidade, ademais de espremer 127 min que se tornan extenuantes, cheos de acción e efectos visuais.

Como película de aventuras é excelente, pero como película Star Wars, é pésima. J.J. Abrams non se arriscou nada. Colleu todos os ingrediente do episodio IV, púxoos nunha batidora, axitounos e sacou a mesma historia con distintos personaxes e co mesmo arco argumental, non conseguiu narrala mellor e ademais fíxoo dunha forma que fose predecible.Ademais repiteu fórmulas que acaban por traizoar o espírito orixinal. Atención, quero que se me entenda ben. O que digo é que ainda que manteña o estilo e faga guiños continuos á triloxía orixinal, fainos coincidir dunha maneira tan burda que parece unha copia mal feita para fans sen sentido crítico. Con isto non quero dicir que á xente que lle gustou a película, lle gustou porque non ten sentido crítico. O que digo é que necesitamos recoñecer que hai moitos, demasiados elementos comúns entre esta película e o episodio VI. Se ti es unha persoa que che gusta o espectáculo, perfecto. Estou contigo, esta película é redonda, pero se es un seguidor de Star Wars, coincidirás en que esta película é un remake que non intenta mellorar a franquicia, simplemente nos quere devolver a nostalxia perdida coa segunda triloxía.

Pero o non arriscar e facer unha copia con certos temas cuestionables está o gran erro desta película.

Alguén dirá: Se Darth Vader levantara a cabeza!!!

wallpaper_star_wars_the_force_unleashed_08_1920x1080

Explícome, para empezar, a trama é a mesma que o episodio IV. A primeira orde, (O imperio) construeu unha nova estrela da morte, outra máis. Nin unha, nin dúas, tres estrelas da morte cos mesmos problemas nos deseños da súa defensa. Mirade que son chafalleiros. A arma tarda sempre en cargar uns segundos máis que o ataque rebelde, debe levar algún Windows OS.

As pequenas naves de asalto teñen que remontar sempre este corredor dentro da estrela da morte para chegar ao obxetivo. Por Deus, a primeira vez molaba e sentías un subidón, agora aburre. Eu cando o vin no cine exclamei: Non pode ser! outra vez a mesma historia, que pesados!

Pero e que toda a película ten a mesma estructura que «Unha nova esperanza». Un androide que garda os planos da estrela da morte e os ten que levar ata a resistencia. No camiño acaba estrelado nun planeta moi, pero que moi semellante a «Tatooine». Xusto en todo o planeta vai coincidir o androide ca heroina e van a poder escapar nun halcón milenario destartalado, que curiosamente fai piruetas máis impresionantes que 30 anos atrás. Logo son atrapados pola primeira orde con interrogatorio e bromiñas autoreferenciais sobre o compactador de basura. Pero logo escapan gracias a que desconectan a forza gravitatoria nun terminal do complexo. Escapan e danlle os planos á resistencia  para que lance o seu ataque. Xa sabemos como acaba, xuntando partes do episodio IV e VI.

star-wars-episode-vii-the-force-awakens-hd-wallpaper-finn-rey-and-poe

Para mín esto é unha verdedeira vergoña e un insulto. Que me queiran vender a mesma película dúas veces. Ademais venden mal os arquetipos dos personaxes. Vende moito máis Darth Vader que este Kylo Ren. A este novo antagonista quixérono envolver do aspecto de Vader pero non é o mesmo. Mais ca un jedi adestrado, semella un adolescente pirrado por Darth Vader, como todos nós, pero tan friki como un fanboy estúpido que a emprende con todo cando se frustra por non ser tan guay como o seu predecesor e ídolo. Logo ponlle esa máscara a modo de artículo fetiche que non ten funcionalidade ningunha. So a de ser unha triste sombra do seu avó Anakim. Tratase diso, que é unha patoloxia, co cal expresa que non é moi Jedi, ou a máscara serve para tapar a cara de feo que ten, que podría ser unha ferramenta xustificada.

O que é peor, este malo non ten carisma ningún, funciona respondendo ás espectativas que se autocrea. Non ten iniciativa ningunha, sempre está a espectativa do que lle contan. Parece que a espada Jedi lle vén moi grande.

maxresdefault

Non ten sentido que un guerreiro adestrado por luke Skywalker pase apuros cun soldado imperial e perda unha contenda cunha chatarreira que é a primieira vez que colle unha espada laser. É máis, non domina os camiños da forza, a primeira vez que colle o sable laser dalle como unha especie de descarga emocional que non é quen de controlar e sen adestramento, cando se encontra con Kylo Ren, non é quen de mover o corpo e queda paralizada e mesmo Kylo Ren fai que perda o coñecemento. O colmo é que sen adestrar, Rei, un cuarto de hora máis tarde na cinta, colle o sable de luz, derrota a ese malo malísimo que querían facer co molde de Darth Vader. Isto non ten sentido. Que casualidade que xusto entón ábrese a terra nos tres metros que os separan. Supoño que esa parte do guión escribiuno un fillo do guionista e deulle o cambiazo. Simplemente, de risa. É unha forma infantil de resolver os conflictos que arruinan a franquicia e a fan infantiloide e estúpida.

landscape-1446820365-movies-star-wars-the-force-awakens-international-trailer-06

Compre dicir que na triloxía orixinal, Luke Skywalker, nunca derrota a Vader, foi Vader que se sacrificou e loitou contra o emperador ca axuda de Luke. Enfrentarse a Vader costoulle a Luke anos de adestramento con Obi wan Kenobi e o mestre Yoda, ademais dunha man. Enfrentarse a Vader era épico. Non foi iso o que sentín nesta película. O que sentín nesta película e que despois der ver catro películas de Bruce Lee, podo cargarme a toda a primeira orde, a Kylo Ren, ao exército de clons e mesmo a Snoke.

A pesar de que hai teorías que redimirían a Kylo Ren  e a esta película de Abrams e Disney, cun xiro efectista onde nada é o que parece, non xustifica a mediocridade de facer esta película tan mala argumentalmente, deixando este mal poso.

As teorías entre os warries din que realmente Kylo faríase un sith a propósito para destruír a Snoke e o mal desde dentro e que realmente non quiso forzar a loita con Rei porque sabe que é a súa irmá e quérea coidar ata que aseste o golpe defenitivo ao lado escuro axudado pola súa irmá e Luke Skywalker. O de matar a Han Solo sería o acto que o levaría á confianza de Snoke. E dese modo acabar a triloxia como acababa a primeira pero trazando o plan desde o principio.

disney_logo___tatooine_star_wars_7_by_umbridge1986-d887vna

Que as seguintes películas saian redondas paréceme ben. Pero creo que tal como se levou esta nova historia, tan en paralelo ca primeira triloxía, e ao punto que chegan, me resulta difícil imaxinarmo. De calquera forma esta película pareceume errada.

Se as demais películas saen mellor pero tentando converxer no mesmo final da primeira triloxía, tamén me parece vergoñento, porque estaría a repetir a historia para unha nova xeración non respetando puntos importantes que se ofrecen na primeira triloxía e que son importantes para construir unha mitoloxía. E se alguén sabe ler entre liñas, o que sostén a esta franquicia, en parte é a mitoloxía que creou. Por estas cousas e máis, penso que é acertado o título do post. Me parece que a franquicia se está adentrando nunha senda escura da que, na miña opinión custaralle sair.

Vender seguirán vendendo e películas poden facer a churros, como a segunda triloxía, pero creo que non é interesante vender por vender, máxime cando se trata de productos consagrados como Star wars.

2729_star_wars2

O único personaxe que me pareceu que se vendía ben e o fixo realmente ben foi Han Solo, a pesar de seguir de contrabandista aos setenta anos, un pouco triste. Pero da o mesmo porque se desfixeron del da forma máis predecible, estúpida e cruel. Precisaban darlle un punto de maldade real a este adolescente rebelde de Ren.

Ainda así non o conseguiron, por eso remato o post e vos deixo con este anuncio de Vader reclutando rufiáns para o lado escuro.

hqfnrtpkopxlksmxpgao

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s