O deserto

Este seo baleiro pero cheo de profundidade.  Este punto de partida onde nada existe, preñado por ser  berce de posibilidades. Mensaxes propias e estranas veñen co zoar do vento. Busqueda do vindeiro sen noción de pasado. Non se ven as pisadas que o aire esvaece. O espazo e o tempo perdidos na inmensidade ca calurosa aperta do sol. Tanta adversidade, tanto ruido das voces noutrora silenciadas agora emerxen da soidade do deserto, tantos enganos postos agora como espellos, dirixen as nosas olladas cara dentro de nós.

O deserto é a experiencia da escoita, a escoita do que está acontecendo na nosa persoa, a escoita do que pode crecer da nada. Non é doado cruzar os nosos desertos sen axuda, sen un pao no que coller apoio, porque a area fai que as dificultades aumenten e as forzas flaquean.

beautiful-desert-landscape-uhd-wallpapers

O deserto é a experiencia da contemplación, de vernos pequenos diante de todo o que nos falta. Contemplar canto deixamos atrás e subirnos a un sitio elevado sabendo que o deserto non ten fin, acompáñanos sempre. Esa soidade que moi poucos poden chear ca súa presencia.

O deserto é a experiencia da linguaxe. Toda palabra que non sexa digna de romper o silencio queda muda, baleirada de significado, inerte. Afoga no corazón, non é necesaria. Entón emerxe de nós unha forma nova de expresar os sentimentos, unha verdade que xurde, que preña o deserto.

O deserto é a experiencia do ser. Un ser sinxelo, un ser que resoa co entorno, un ser que se vai modelando pouco a pouco, un ser que escoita sixiloso, que garda no seu seo os lamentos do camiñante…

MERIT-PRIZE-This-photo-was-taken-at-the-summit-of-Tin-Merzouga-the-largest-dune-in-the-Tadrat-region-of-the-Sahara-Desert-in-Algeria-The-man-resting-is-Moussa-Macher-a-Tuareg

A foto está tomada por Tim-Merzouga nunhas dunas onde está deitado Moussa Macher. É premio Nathional Geographic

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s