O VIAXEIRO SOBRE O MAR DE NUBES

Obra de culto para moitos, este viaxeiro (camiñante) colocado sobre un penacho rocoso frente a unha inmensidade de nubes, é un dos símbolos do romanticismo alemán.

Pintado por Caspar David Friedrich en 1818 e recuperpada a metade do século XX para o gran público, hoxe en día é un dos cadros máis reprocucidos.

Para mín e unha escea pictórica que se nos plantexa sen moitos adornos, pero cunha mensaxe e unha forza enorme. Nós sinxelamente ante a inmensidade. Ao mesmo tempo me fai sentir dono da miña vida que infunde respeto todo o que me queda por diante.

Coido que dalgunha maneira estamos enriba da rocha das nosas experiencias. Ese rocha vai medrando cada día, asemade a nosa sede de repostas e de atopar un sentido. Necesitamos abrir esa porta á trascendencia. Debuxar un novo horizonte cada mañá para sortear esa nube vaporosa que cubre a noso vieiro de incertidume.

A pintura toda en si é unha incógnita, como se non tivese direción. O punto de fuga está esvaecido entre o infinito e o centro da persoa. Non sei se está pensado con premeditación, pero creo que para responder ás preguntas que suscita e unha boa resposta. É un diálogo entre o centro da persoa e o obxetivo que quere alcanzar

É unha viaxe espiritual do noso ser en relación co absoluto. E a natureza como mística, como inspiración do encontro con Deus.

Friedrich era un crente convencido, pero a súa expresión artística sempre foi atormentada. Foi a conxunción perfecta para este cadro. Na maioría das ocasións, cando teño tempo de contemplar esta obra, veñen á miña cabeza as mesmas cuenstións. E a ti?

Se tedes a oportunidade de pasar por Hamburgo, esta obra está exposta no kunsthalle. o seu título orixinal é «Der Wanderer über dem Nebelmeer»

El-caminante-sobre-un-mar-de-nubes-Caspar-David-Friedrich

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s